Oleiros expón unha escolma da súa colección artística en catro novas salas

O Castelo de Santa Cruz acolle estes fondos mentres o municipio adianta a intención de abrir un museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Fondos das coleccións que José María Kaydeda e Miguel Pampín Besteiro cederon ao Concello de Oleiros compoñen a nova exposición permanente que se pode ver no Castelo de Santa Cruz. O municipio abría este 1 de abril catro novas salas neste edificio baixo a denominación Obxectomanía.

Os novos espazos amosan "unha escolma de pezas da colección municipal, organizadas en catro seccións coas que se pretende exemplificar algúns dos tipos máis habituais de coleccionismo: o artístico, o relixioso, o etnográfico e antropolóxico" ás que se suma "unha cámara das marabillas con todo tipo de obxectos". Segundo adianta o concello, as obras expostas en cada sala renovaranse de xeito continuado.

Estes fondos súmanse a actual oferta artística do Museo Os Oleiros, e á exposición permanente de Isaac Díaz Pardo que tamén se atopa no Castelo. O Concello adianta ademais a súa intención de crear un novo edifico dedicado especificamente a albergar as obras de arte que fan parte da colección municipal, á que agarda incluír en vindeiras datas unha nova doazón "dun destacado artista".

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Concello de Oleiros, Isaac Díaz Pardo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares