Para celebrar o 80 aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural o Mosteiro de Oia celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro 3 de xuño. Este monumento leva anos fechado logo dos sucesivos atrasos que está a sufrir o proxecto de transformación do mesmo nun spa por parte da Consignataria Vasco-Galega. Os interesados poderán acceder a unha visita guiada polo cenobio. Precisamente o pasado 30 de abril o Mosteiro presentouse oficialmente na asemblea da Carta Europea de AbadÃas e Sitios Cistercienses, unha entidade na que xa está integrado tamén o mosteiro de Oseira, en Ourense. Preto de alÃ, na Guarda, La Voz de Galicia recolle hoxe a parálise que sofre outro monumento. O Castelo de Santa Cruz, que Ãa acoller o Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño, agarda os anunciados traballos de rehabilitación logo da retirada dos fondos que Ãa achegar a Xunta ao proxecto.