O Mosteiro de Santa MarÃa de Oia, considerado único cenobio cisterciense situado na beira do mar atlántico, e construÃdo no século XII, amosa desde hoxe a súa acumulación de historia a través da exposición 'Un Mosteiro, un mar de historia (s)' que acolle a sede en Vigo de AFundación, xa que o edificio monumental, declarado Ben de Interese Cultural en 1931, está pechado polos traballos de restauración mentres prosigue o seu proxecto para uso como establecemento hoteleiro. Con esta exposición conmemóranse os 20 anos desde que o edificio foi adquirido pola empresa Vasco Gallega (agora Grupo MARE) que constituÃu a Fundación Bretal para a xestión cultural do inmoble. Desta entidade parte, en colaboración con Xunta de Galicia e Afundación, esta mostra que desde hoxe e ata o vindeiro 5 de outubro procurará a posta en valor do mosteiro percorrendo os seus 875 años de historia dun xeito didáctico e procurando desvelar episodios ata agora descoñecidos do Mosteiro e da propia historia de Galicia. A mostra está comisariada pola historiadora Sarah Barabará.
A exposición presenta o Real Mosteiro de Oia como punto focal de acontecementos desde o medievo ata a época contemporánea, destacando a súa relevancia arquitectónica e relación co territorio. Dirixida a públicos diversos, 'Un Mosteiro, un mar de historia (s)' ofrece catro narrativas que afondan con rigor cientÃfico na historia posibilitando un achegamento intelectual e una experiencia sensitiva desde un carácter interactivo. A exposición organÃzase arredor de tres eixos temático-temporais. Comezando polos séculos de actividade monacal (s. XII a XIX), seguido da época posmonacal (séculos XIX e XX) e, por último, un terceiro titulado "Renacer", que expón publicamente as caracterÃsticas do proxecto elaborado por Grupo MARE para o futuro do Mosteiro como hotel. Ademais a exposiciópn vai acompañada dun programa de actos entre os que abre o vindeiro dÃa 17 a conversa 'O Mosteiro como inspiración', na que participarán Iria Morgade, escritora; Carla Andrade, artista visual; Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego e Xulio Gómez, co-director de Sinsalaudio. Eles compartirán diferentes experiencias creativas nas que o Mosteiro de Oia tivo un papel determinante.