A Xunta investirá 750.000 euros na concatedral e na igrexa das Dores de Ferrol

A Diócese achegará fondos para cubrir parte dos traballos de rehabilitación

29/3/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
49 lecturas | Compartido 0 veces

Concatedral de San Xiado. Fonte: Turismo de Galicia.

A Consellería de Cultura e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol asinaban na tarde deste 28 de marzo un convenio polo que o goberno galego financiará con 750.000 euros a rehabilitación da concatedral e mais da igrexa das Dores na Cidade Departamental.

En concreto, a concatedral de San Xiao recibirá uns 422.000 euros para traballos na súa torre norte, onde se repararán elementos do pararraios e o cataventos ademais de melloras na estanquidade do conxunto. No caso da Igrexa das Dores, a consellería investirá 335.000 euros, aos que se sumarán 100.000 euros máis por conta da diocese. Con estes fondos financiaranse actuacións nas fachadas, sancristía e no interior da nave, a incluír restauración da pedra e dos remates das torres, ademais de pintura e melloras na ventilación e na instalación eléctrica.

Segundo adiantou o bispo Fernando García Cadiñanos, a previsión é que estas últimas tarefas estean rematada para a Semana Santa de 2024 e que permitan reabrir un templo que leva fechado por obras desde 2017. Segundo indicou o conselleiro de Cultura, as obras fan parte do Plan Catedrais, co que a xunta anunciara en 2021 un investimento de 850.000 euros na concatedral.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Galego, Consellería de Cultura, Mondoñedo, Torre...