O Consello da Xunta deste 28 de abril deu luz verde a dous importantes investimentos para a musealización e rehabilitación de dous espazos culturais no rural. Deste xeito, aprobouse o convenio polo que o Goberno Autonómico achegará 200.000 euros para a musealización e rehabilitación de parte da Fábrica de Papel da Lavandeira, no Carballiño.
Este complexo industrial pioneiro do século XIX está na actualidade en proceso de recuperación cun proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto. O investimento da Xunta permitirá abordar a rehabilitación dun novo edificio e a súa musealización con espazos dedicados a divulgar os diferentes procesos de produción de papel na época.
Ademais destes contidos, o edificio de tres andares acollerá un auditorio, a tenda do museo, un espazo de recepción de visitantes ou un almacén. Segundo adianta a Xunta, o centro dará a coñecer "un momento importante da industrialización decimonónica da Galicia interior" e lembra que esta factorÃa "é considerada un raro exemplo do proceso protoindustrial galego asentado na base da utilización da enerxÃa eléctrica derivada do aproveitamento do rÃo Arenteiro".
Canda a este, o encontro do Goberno Galego autorizou outro convenio, desta volta destinado á rehabilitación e musealización da casa e taller da pintora MarÃa Antonia Dans, en Curtis. Por este acordo, a Xunta financiará con 250.000 euros o 56% do curso da posta en valor este edificio. O proxecto prevé a rehabilitación da edificación principal e da edificación auxiliar no que habitou a artista, asà como o espazo que constituÃa o seu taller de traballo.
A maiores destes traballos, construiranse novos volumes destinados a actividades artÃsticas. Segundo lembra a Xunta, "a edificación que vai ser rehabilitada foi durante toda a vida da artista o epicentro desde o que facÃa excursións cos seus cadernos de notas para, en breves trazos, iniciar o que máis tarde se habÃa converter en obra definitiva".