O Consello da Xunta celebrado este 9 de setembro aprobou un convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta en valor e mantemento da concatedral da San Xiao de Ferrol e da catedral de Mondoñedo. Polo mesmo, o Goberno Autonómico achega un total de 566.000 euros a "intervencións de protección, conservación e rehabilitación" nestes dous bens patrimoniais en 2024 e 2025.
Segundo anunciou a Xunta, no caso da concatedral de San Xiao, a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, destinará máis de 318.000 euros para obras de restauración da torre sur. Estas actuarán sobre elementos afectados pola corrosión e implicarán a limpeza de superficies e a restauración das escaleiras e das reixas deste espazo.
No caso da Catedral de Mondoñedo, os fondos destinaranse á reparación das vigas da cuberta da catedral, cunha achega de preto de 200.000 euros, ademais da renovación da iluminación e da electricidade deste templo, ao que se destinarán outros 48.000.
As actuacións, que dan continuidade a outras desenvolvidas con anterioridades nos dous templos, enmárcanse no Plan Catedrais, dotado con 38 millóns de euros.