O Consello da Xunta deu luz verde á renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuÃr a pequenas actuacións de conservación e mantemento de 16 igrexas parroquiais que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. O acordo contempla este ano unha achega de 600.000 euros para realizar distintas intervencións de protección e rehabilitación nestes bens ao longo do ano, este importe supón un incremento significativo respecto ao anterior convenio, que era de 250.000 euros. O aumento fará chegar as actuacións a un maior número de parroquias e bisbarras. AsÃ, o acordo é garante da realización das intervencións necesarias propostas polas dioceses para a protección, conservación e rehabilitación das igrexas parroquiais pertencentes ao patrimonio artÃstico de titularidade eclesiástica.
As partidas repártense entre as seis dioceses existentes, de tal xeito que a de Lugo recibirá 147.600 euros para levar a cabo a reparación das cubertas na igrexa de Santo Estevo, en Baralla; na de San Paio de Paradela, en Toques; na de Santa MarÃa de Cabanela, en Navia de Suarna; na de Santa MarÃa de Carteire, en Palas de Rei, e no complexo pastoral-parroquial de Ferreira de Pallares, en GuntÃn. Pola súa banda, a Diocese de Santiago percibirá 129.000 euros para actuar na reconstrución do cerramento da igrexa de San Martiño de Tiobre, en Betanzos, e na renovación da cuberta e das fachadas de San Pedro de Vilar, en Pontedeume. Mentres, na Diocese de Ourense destinaranse 113.400 euros a investir na eliminación de humidades en Santa MarÃa de Feces de Abaixo, en VerÃn; en San Lourenzo de Piñor, en Barbadás, e en San Ramón de Armariz, en Nogueira de RamuÃn.
Ao abeiro deste convenio, tamén se achegarán 94.800 euros á Diocese de Mondoñedo-Ferrol, que permitirán mellorar as condicións da igrexa de Nosa Señora das Dores, en Ferrol, con traballos de limpeza e consolidación das súas torres, e renovar as cubertas de Santiago de Quende, en AbadÃn, e da igrexa de San Tirso de Portocelo, en Xove. A esta partida sumaráselle a de 76.200 euros da Diocese de Tui-Vigo, a repartir entre o acondicionamento de San Martiño de Verducido, en A Lama, coa rehabilitación da cuberta, e San Martiño de Vilasobroso, en Mondariz, poñendo solución ás humidades. Ademais, á Diocese de Astorga corresponderanlle 39.000 euros para o desenvolvemento de obras de reparación da cuberta na igrexa de Lamalonga, en A Veiga.