A antesala da gala de entrega dos XXI Premios Mestre Mateo do audiovisual de Galicia que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo foi de novo a xuntanza de finalistas, celebrada nesta ocasión en Allariz, e foi o lugar elixido para a entrega dos Premios especiais desta edición. Estes galardóns, que levan o nome de cada patrocinador, recoñecen valores diferentes dos puramente relacionados coa arte e a técnica audiovisual. Nesta ocasión foron cinco os premios, que foron parar a outras tantas producións: as longametraxes 'O corpo aberto', Valentina e 'O home e o can'; a serie Rapa e a curtametraxe 'La entrega'.
Sergio Martinez-Aoiz, Xerente de Marketing de ABANCA foi a persoa encargada de entregar o Premio ABANCA ao impulso da sostibilidade á longametraxe "O corpo aberto", segundo a exposición de motivos, a produción foi merecente do recoñecemento por ter presente durante as etapas de desenvolvemento e produción o impacto ambiental desde os diversos procesos que rodearon ao filme, incorporando ao equipo un asesoramento especializado en sostibilidade, convertíndoo nunha produción de referencia". O Premio Deleite á promoción da lingua foi para o filme Valentina: "por apostar pola versión orixinal en galego nunha ilusionante historia dirixida a público infantil, enriquecendo a oferta audiovisual na nosa lingua para os máis pequenos da casa. A Xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou o Premio Galicia Calidade á promoción exterior, que recaeu na serie Rapa: "unha produción que revelou a milleiros de espectadoras e espectadores as espectaculares paisaxes das Rías Altas, ao tempo que resultou premiada, recoñecida pola crítica e adorada polo público", argumentou. Marta Díaz, responsable de marketing de Cafés Candelas anunciou o Premio Cafés Candelas á produción máis inspiradora para a curtameraxe de Perdo Díaz, 'La entrega', por seren unha curtametraxe que pon o foco na urxencia de loitar contra o illamento e a incomunicación revelando a importancia e o poder transformador dos pequenos xestos cotiás". A entrega dos premios especiais finalizou con Patricia Torres, Deputada de Cultura e Audiovisual da Deputación de Ourense dando a coñecer a gañadora do Premio Ourense Film Commission, 'O home e o can', á que se premia con este galardón por filmar a diversa riqueza da paisaxe ourensán como marco para a súa trama na que fai unha chamada sobre o baleirado humano do territorio e a soidade dos nosos maiores, con imaxes substanciadas en lugares carismáticos da cidade de Ourense, na industrial de San Cibrán das Viñas, nas montañas de Manzaneda e tamén no medio rural cunha aldea de San Cristovo de Cea.
No acto estiveron presentes María Cristina Cid, alcaldesa e María López, concelleira de promoción económica do concello de Allariz; Jacobo Sutil, director da AGADIC; Patricia Torres, deputada de cultura e proxectos audiovisuais da Deputación de Ourense; Susan Ramos, secretaria da Ourense Film Commission; Emma González, xerente de INORDE e Juan M. Casares Gándara, presidente do Consello Regulador da D. O Ribeiro. A xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual estivo representada polo seu presidente, Álvaro Pérez Becerra, a tesoureira Carmen Méndez e a secretaria Saamira Ganay.