Marilar Aleixandre, Rexina Vega e Esther Carrodeguas fanse cos premios Hai unha voz

A Deputación de Pontevedra convoca estes galardóns literarios para autoras

  • A primeira edición dos premios Hai unha voz , que convoca a Deputación de Pontevedra xunto á asociación Clásicas e Moderna ao abeiro do Manifesto de Soutomaior, ten xa gañadoras. Marilar Aleixandre, Rexina Vega e Esther Carrodeguas recibirán c...

A axenda literaria engade os programas de FLAZ e PLIC

Os eventos de Allariz e Carballo van máis alá do formato de feira

  • Coa SELIC de Santiago e a Cidade do Libro de Vilagarcía aínda en actividade ata o 18 de xullo, o calendario de eventos literarios que van máis alá do formato de feira suma dúas novas programacións locais coas vindeiras edicións do FLAZ de Alla...

Artes do mar en Madrid na exposición "Un viaje extraordinario"

David Barro é o comisario desta mostra que reúne obra de varios artistas, artesáns e arquitectos vencellados á costa galega

  • ... Galicia, como tapices de María Elena Montero a partires da obra de Luís Seoane, pezas de Francisco Leiro, Idoia Cuesta, Vítor Mejuto, Christina García Bello, Manuel Vázquez ou Verónica Moar e o proxecto Enredadas das propias mulleres redeiras de Cor...

A música xa ten vendima para unha anada con marca propia

Os galardóns da Xª edición dos Premios Martín Códax recollen un ano de variedade de calidade

  • A música galega celebrou a súa festa en Pontevedra, unha celebración que tamén foi un importante aniversario, o décimo dos Premios Martín Códax da Música, convocados pola Asociación Músicas ao Vivo (MAV) e que contan co patrocinio das Bodeg...

Manuel Núñez Singala recibe o premio Clubs de Lectura 2023

Foi o escritor máis lido nas bibliotecas escolares o pasado curso

  • O escritor Manuel Núñez Singala (Lugo, 1963) ven de recoller de mans do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o premio Clubs de Lectura 2023. O escritor, que ten obra publicada nos xéneros de narrativa, ensaio ...

Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan

A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo

  • Os artigos As voces perdidas , de Carolina Sertal Souto, e La ventaja de ser mujer , de Carmen González Magdaleno, foron seleccionados como os traballos gañadores da I edición dos premios Mulleres que opinan . Estes galardóns, que convocan a Depu...

Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización

Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada

  • A Xunta de Galicia ven de resolver a segunda convocatoria de axudas da liña destinada á modernización e xestión sustentable das infraestruturas de artes escénicas e musicais, que supón un novo investimento de 1,23M€ , ao abeiro do Mecanismo E...

A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións

A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás

  • Segundo a normativa actual as fundacións do sector público unicamente poderán conceder subvencións cando así se lles autorice de forma expresa mediante acordo do órgano da Administración ao cal a fundación estea adscrita. No caso da Fundació...

Falece Daniel Barata, antigo conselleiro de Cultura

Ocupara o posto entre 1990 e 1993, baixo o goberno de Manuel Fraga

  • O que fora conselleiro de Cultura entre 1990 e 1993, Daniel Barata Quintas, falecía este 31 de maio aos 79 anos de idade. Nado en Rairiz de Veiga, desenvolveu carreira no sector educativo, onde desenvolveu tarefas de profesor, inspector e delegado d...

O Consello da Cultura dedica unha xornada ao pintor Alberto Datas

A sesión do ciclo Revisando a nosa arte desenvólvese en Pontevedra este 31 de maio

  • Unha das figuras máis relevantes da arte galega das últimas décadas, o pintor Alberto Datas, protagoniza a nova xornada do ciclo Revisando a nosa arte do Consello da Cultura Galega. A Casa das Campás, en Pontevedra, acolle o 31 de maio este encon...

Luz Casal premiada de honra nos 10º Premios Martín Códax da Música

Desde Músicas ao Vivo recoñecen a súa traxectoria artística de máis de corenta anos

  • A artista Luz Casal (Boimorto, 1958) será recoñecida este ano nos 10º Premios Martín Códax da Música de Galicia, co premio honorífico pola súa traxectoria. Segundo a asociación Músicas ao Vivo, organizadora dos galardóns, máis de corenta ...

Francisco Javier Fernández Davila faise co IX certame poético Rosalía de Castro

O galardón do Concello de Padrón está dotado con 1.500 euros

  • O poemario Konpostela valeulle a Francisco Javier Fernández Davila facerse co IX certame poético Rosalía de Castro. O xurado do galardón que convoca o Concello de Padrón escolleu este traballo entre os 18 que se presentaron ao certame. O premio ...

Roberto Rodríguez González álzase co premio de Narracións Breves Manuel Murguía

O gañador recibirá 4.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada

  • O Concello de Arteixo daba a coñecer este 11 de maio nunha gala o fallo do XXXII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. A obra Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta de Roberto Rodríguez González foi seleccionada polo xurad...

A segunda xeira do programa Territorio Cultura chegará a 57 concellos

As axudas da Consellería de Cultura foron para quince proxectos

  • ... Aldea Nova Ribeiro-Ribeira a vincular medio ambiente con arte e a ciencia en Carballedo, Chantada, Leiro, Monforte de Lemos e O Saviñao. Ouvirmos completa a listaxe de propostas cun maior apoio co seu proxecto Mariña inmaterial para a recollida de p...

Máis dun milleiro de espectáculos durante un ano da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Chegará a 91 concellos da provincia cos seus catro programas específicos de artes escénicas e audiovisual

  • Superadas as fases de inscrición de espectáculos e de solicitude dos mesmos por parte dos concellos, a Rede Cultural da Deputación da Coruña 2023 xa fixo público que programará durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 un total de 1220 es...

O Cabos Soltos volve colocar Pontevedra como nó do sector musical

Unha nova edición do programa suma concertos cunha xornada de formación e debate

  • Cabos Soltos volve a Pontevedra os vindeiros 28 e 29 de abril celebrando as terceiras xornadas técnicas e dúas xornadas de música e creatividade nos locais, cafeterías, salas e nos espazos públicos da cidade. O programa foi presentado onte pola ...

O Censo do Patrimonio Cultural incorpora trinta embarcacións tradicionais

Dezasete destas pezas foron botadas con posterioridade ao ano 2000

  • O Diario Oficial de Galicia deste 18 de abril recollía a orde pola que se inscriben no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia trinta embarcacións tradicionais. Vinte e nove destas pezas incorpóranse ao censo como "embarcación tradicional galega"...

A Fundación Castelao instalará unha sede no Gaiás

A entidade desenvolverá na Cidade da Cultura parte do seu traballo

  • A Fundación Castelao chegou a un acordo coa Consellería de Cultura e a Cidade da Cultura para a cesión dun espazo no Gaiás que permita o traballo da entidade en diferentes ámbitos, como os proxectos de investigación e catalogación, actividades...

A Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol baixa o pano

A XV edición, que se celebrará entre o 27 e o 29 de abril será a derradeira da cita ferrolá

  • A retirada de apoio do concello, xa denunciada nas últimas edicións, é a causa que leva a que a organización da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol acordase que a edición deste 2023 sexa a derradeira desta cita. Entre os vindeiros días 27 e 29 ...

O Ciclo Metropolitano "Elas son artistas" presenta a súa sexta edición

Comeza este vindeiro sábado e rematará en novembro pasando por oito dos dez concellos da área coruñesa

  • A sexta edición do interdisciplinar Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, "Elas son artistas" dará o seu comezo este vindeiro sábado 15 de abril no Centro Cultural A Fábrica en Oleiros coa violinista, cantante e compositora, ...