A música galega celebrou a súa festa en Pontevedra, unha celebración que tamén foi un importante aniversario, o décimo dos Premios MartÃn Códax da Música, convocados pola Asociación Músicas ao Vivo (MAV) e que contan co patrocinio das Bodegas MartÃn Códax. O dúo Vaguedades, formado polos actores Isabel Risco e Fran Rei, metéronse na pel duns hipotéticos e exultantes RosalÃa de Castro e Eduardo Pondal que viaxan no tempo para conducir a Gala no Pazo da Cultura de Pontevedra, sempre co mundo do viño como base. O evento puido seguirse unicamente a través da canle de YouTube dos premios ao non contar con retransmisisón a través da canle pública da Televisión de Galicia. Quince premios a proxectos de outros tantos xéneros musicais, tres premios Organistrum e un ao artista emerxente do ano, asà como o premio de Honra foron entregados sobre o escenario nesta décima edición do encontro aoq ue se chegaron a presentar case trescentos proxectos musicais de todo o paÃs.
A entrega de premios abriuna o portugués Filipe Marta responsabel do programa SOS Metal da emisora Antena Minho, que entregou o Premio da categorÃa "metal e Heavy" á banda Arrhythmia. Os lucenses inauguraron a recollida de premios declarando o seu "amor infinito" á música. Su Garrdio Pombo foi a seguinte en recoller galardón na categorÃa de Canción de Autor. A viguesa reivindicou a resistencia na actividade musical,e agradeceu a actitude daquelas persoas responsble de programacións que non se deixan levar só polas propagandas e escollen "con criterio". O dúo de música electrónica Terrae, emulando aos Daft Punk, saÃron a recoller o seu galardón, ataviados coas súas particulares máscaras de peliqueiros e manténdose en silencio mandaron a súa mensaxe por medio de Nastasia Zürcher como voceira. Nun ambiente festivo, como corresponde, fóronse sucedendo as entregas dos premios a proxectos musicais.
Na recollida do galardón á música de verbena, os representantes de La Oca Band lanzaron unha chamada ao resto das formacións de verbena do paÃs, para que inclúan nos repertorios música en galego e música propia. O reparto final dos proxectos musicais resultou moi repartido en termos xeracionais, recoñecendo proxectos e artistas de longa traxectoria xunto con outras que están a dar os seus primeiros pasos con forza na escena musical do paÃs. A cata dos quince premios, cos seus tres finalistas cada un , deixaron nas gorxas un pouso de variedade e calidade gorentoso entre o público asistente, entre o que se encontraba o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román RodrÃguez. O responsable da carteira cultural, ademais de ser interpelado nalgunhas ocasións desde o escenario para pedirlle un maior apoio á música galega, tamén saÃu da gala co recoñecemento dado á plataforma Galician Tunes, de AGADIC, que recibiu o Premio Organistrum a mellor proxecto de Comunicación e Difusión Musical, recollido por Jacobo Sutil. Os outros galardóns desta categorÃa Organistrum foron para a Sala Rebullón de Tameiga (Pontevedra). O premio de festivais foi para a Foliada da Fonsagrada (Lugo).
Na comparecencia da Xunta Directiva da asociación MAV, a presidenta Sheyla Patricia, recordou que estes galardóns son "moi necesarios" para reivindicar o valor da música. Lembrou tamén que a asociación e a directiva está composta por "músicos en activo" e chamou a formar parte do colectivo polo valor asociativo que representan. A presidenta solicitou máis espazos para a música galega nas programacións de festivais e eventos e que o talento galego "estea no centro" para que as crianzas galegas poida ter referentes propios. A Gala rematou coa entrega, por parte do representante das Bodegas MartÃn Códax, do premio de Honra que este ano foi para a cantante Luz Casal, que acudiu a recoller o premio en persoa ao Pazo da Cultura. A artista de Boimorto pediu que, de servir ela de exemplo de algo, sexa de perseveración e loita, "eu levo toda a miña vida sendo unha loitadora. Porque cando amas a música non hai fronteira, non hai lÃmite posible, custara máis pero se tes interese o conseguirás". Casal tamén recoñeceu a calidade e variedade da oferta musical do paÃs qyue puido coñecer a través destes Premios, como a través do festival de La Luz.
Premiados na Xª edición dos Premios MartÃn Códax da Música Galega:
Metal e heavy: Arrhythmia
Canción de autora: Su Garrido Pombo
Electrónica: Terrae
Blues, funk e soul: Udra
Folk: Quico Comesaña e Grupo
Música tradicional: Ailá
Rock e punk: Moura
Pop e indie: Momboi
Música clásica e contemporánea: Mario G. Cortizo
Jazz e músicas improvisadas: David Regueiro TrÃo feat. Alexandre Cavaliere
Músicas do mundo e mestizaxe: Ton Risco e Marcos Teira
Músicas urbanas: Sila Lua
Música infantil: Pillaband
Orquestas, grupos e música de verbena: La Oca Band
Bandas de música popular: Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
Artista emerxente: Sergio de Miguel
Premios organistrum:
Salas: Rebullón
Festivais: Foliada da Fonsagrada
Comunicación e Difusión: Galician Tunes