A sexta edición do interdisciplinar Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, "Elas son artistas" dará o seu comezo este vindeiro sábado 15 de abril no Centro Cultural A Fábrica en Oleiros coa violinista, cantante e compositora, María de la Flor. Esta actuación, xunto coas primeiras confirmacións, presentáronse esta mañá en rolda de prensa no Teatro Colón coa benvida por parte de Diana Sobral, Concelleira de Comercio, Mercados e Barrios da Coruña, representantes dos Concellos de Arteixo, Betanzos, Carral e Culleredo, responsables das empresas patrocinadoras (Gadis) e colaboradoras (Coca-Cola e Alma Atlántica) e artistas que formarán parte da programación deste ano. O día 21 no Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo será a quenda da segunda actuación con Eva McBel que presentará o seu primeiro elepé, "I'm glad you happened". Estas dúas primeiras actuacións suporán o inicio dunha nova edición que este ano volverá abarcar espazos públicos e privados de oito dos concellos da área metropolitana da Coruña con citas nas que destacan a participación de bandas e artistas galegas, outras cuxos nomes empezan a resoar en todo o panorama nacional e xiras de grandes bandas internacionais.
Os concellos de Bergondo, Carral e Sada, en datas aínda por concretar, recibirán a artistas galegas os vindeiros meses. A exposición, pendente de anunciar, terá lugar en setembro na Casa Museo Casares Quiroga. Os espectáculos que desde o mes de abril ata finais de ano ofrecerá a sexta edición de Elas Son Artistas, ocuparán diversos espazos da área metropolitana. A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada son os concellos que este ano o farán posible, sumándose a esta loita e reivindicación pola igualdade na música e nas artes, e polos que tamén pasarán bandas xa confirmadas como Hermana Furia o 13 de maio na Sala Mardi Gras. O jazz da frautista e compositora coruñesa María Toro na Sala Garufa Club o 31 de maio. A primeira das grandes bandas internacionais, Jane Lee Hooker chegará 30 de xuño á Sala Mardi Gras. A cantante Su Garrido Pombo e a pintora Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola encherán de arte en clave feminina a Praza de Azcárraga o 12 de xullo, e unha semana despois, o dia 19, Cris Regueiro & The Neo Band actuarán no Jazz Filloa, outra proposta que amosa o vivo que está o jazz galego nas dúas diferentes correntes artísticas.
Peche outonal
Setembro chegará coas actuacións de Carolina Rubirosa e Aüdra o día 15 na sala Xulio Cuns do Concello de Betanzos e máis adiante, un dos pratos estrela destas primeiras confirmacións, o humor de Reinas Malas coas Izquierdo Sisters (Lucía Veiga e Marita Martínez) por unha banda e Niñas de la Risa (Diana Sieira e Ángela Triana), por outra, o día 22 de setembro no Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, en Culleredo. O regreso dos holandeses The Dirty Denims ao ciclo metropolitano abrirá o mes de outubro o día 4 na sala Mardi Gras, e uns días despois, na sala de Monte Alto, actuarán The Niftys, banda que xa gañou o premio a nivel estatal de Estudios Mans da Fundación Paideia. A actuación dunha das voces máis destacables do indie pop urbano, a de Alice Wonder, estará no 24 de novembro no Teatro Colón poñendo fin a unha sexta edición realmente emocionante e da que proximamente se dará a coñecer o resto da programación repartida pola área metropolitana da Coruña. As entradas están xa á venda a través de ataquilla.com.