O Consello da Cultura dedica unha xornada ao pintor Alberto Datas

A sesión do ciclo Revisando a nosa arte desenvólvese en Pontevedra este 31 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Consello da Cultura dedica unha xornada ao pintor Alberto Datas

Unha das figuras máis relevantes da arte galega das últimas décadas, o pintor Alberto Datas, protagoniza a nova xornada do ciclo Revisando a nosa arte do Consello da Cultura Galega. A Casa das Campás, en Pontevedra, acolle o 31 de maio este encontro, que abrirá cunha intervención de Manuel Quintana Martelo, presidente da Academia de Belas Artes, e de Paula Cabaleiro, coordinadora da actividade.

Canda a eles, a sesión contará coa mesa redonda "Achegándonos á vida e obra de Alberto Datas, a través de olladas cómplices dende o comisariado, a historia da arte, a crítica e o mercado". A galerista Marisa Marimón, o crítico Alberto Ruiz de Samaniego e Xavier Seoane, que organizou en 2009 a mostra Alberto Datas (1935-2007) na Fundación Luís Seoane intercambiarán as súas visións sobre este creador.

O Consello lembra que Datas "foi un dos máis influentes representantes da plástica galega do último século". Influencias de Bacon, Gorky, Basquiat ou Pollock, "debuxan un artista que deconstruía o que vía ao seu redor para construír a través da expresión máis primixenia". Cun firme compromiso pola independencia creativa e a experimentación, Datas "desenvolveu unha intensa traxectoria, na que destacan as numerosas exposicións que realizou en todo mundo".

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Belas Artes, Consello da Cultura Galega, Academia de Belas Artes...