A retirada de apoio do concello, xa denunciada nas últimas edicións, é a causa que leva a que a organización da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol acordase que a edición deste 2023 sexa a derradeira desta cita. Entre os vindeiros días 27 e 29 diferentes espazos da cidade acollerán o programa, pendente aínda de se desvelar. A organización que capitanean Guillermo Ferrández e Juan C. Valle "Karlotti" ten en marcha unha campaña para recadar fondos e cubrir os custos da organización ademais dunha recollida de sinaturas para amosar o apoio social con que conta a iniciativa.
Para alén das achegas individuais, colectivos como a Asociación Veciñal e o Centro cívico de Canido, a Fundaçom Artabria, o Ateneo Ferrolán, o colectivo literario Moraima, ou as asociacións culturais Fuco Buxán e Muíño do Vento, canda a diferentes establecementos hostaleiros e comerciais están a contribuír a que a xeira se poida desenvolver con normalidade.
Segundo explica a organización do evento, "facemos unha afervoada petición de apoio económico e anímico, recollendo sinaturas e abandonándonos, nesta derradeira cita, á xenerosidade popular". Os cartos destinaranse "a pagar hotel, viaxe e os gastos que xurdan".
Segundo adiantan desde "só un cambio radical con respecto á cultura a pé de obra, a pé de día, e en especial con relación á POESÍA SALVAXE, ao evento poético, por parte do Poder Local, sexa este da cor que sexa, fará desta cita un acontecemento anual, sen mais quebrantos, un acontecemento consolidado, que de feito xa é".