Ferrol acolle a V Semana de Poesía Salvaxe

A proclama poética inicia hoxe as actividades, que se prolongan ata o vindeiro sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Víctor M. Díez, Marcos Lorenzo, Guillermo Ferrández e Karlotti serán os responsables, esta tarde, de abrir a V Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol coa lectura da proclama poética deste ano. A lembrar a proclamación da República Española e a Revolução dos Cravos portuguesa, o evento contará este ano coa presenza de autores como Alba González Sanz, Ana Gorría, Tiago Gomes, Felipe Zapico ou Estavo Creus entre outros. Á lista oficial súmanse outros autores que se achegarán á cidade e participar nas actividades. Recitais en bares e pubs, en mercados ou en rúas fan parte dun programa que se prolonga ata o vindeiro sábado. A organización lamentou a falta de apoio municipal a esta nova edición do evento.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ferrol, Marcos Lorenzo, República

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares