Comeza en Ferrol a XIIª Semana de Poesía Salvaxe

O evento reunirá arredor de trinta voces poéticas e actividades musicais

Cartel de Xaquín Marín
Cartel de Xaquín Marín
Mañá, día 24 dará comezo en Ferrol o programa da duodécima Semana de Poesía Salvaxe, que se estenderá en actividades os seguintes días 25, 26 e 27. Durante estes días a palabra tomará ás rúas da cidade Os destinatarios desta programación son primeiramente a comunidade de poetas que participan na Semana, sexan aqueles convidados pola organización ou todos os veciños que deciden sumarse espontaneamente a través dos micros abertos ou da implicación festiva. A continuación aqueles viandantes que se ven sorprendidos (grata ou ingratamente) por accións de guerrilla poética onde menos o esperan. Os actos comezarán ás 6 da tarde cunha “Proclama POÉTICO-POLÍTICA” a cargo de Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Quico Cadaval, Anton Cortizas, e KARLOTTI, rematando con recital de poetas locais no Kiosko da Música, Cantón De Molins. Un dos momentos fortes da programación será cando no teatro Jofre, o xoves, comparezan os poetas Nuno Judice, Manuel Rivas e Eugenia Sanmartín acompañados pola actuación de Manolo Bacalhau e o guitarrista Cabe García. O Ateneo, o inferniño, os mercados da Magdalena e Recimil serán algúns dos sitios da cidade que acolleran as actividades e recitais previstos dentro do avultado programa desde XIIª edición do evento.