A edición de 2022 da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, que leva quince anos de actividade, vai durar unicamente dous dias. A cidade acolle entre o 22 e o 23 un programa que, co título A palavra encarnada recupera unha representación de poetas que participaron en edicións anteriores do evento.
A retirada de apoio do Concello de Ferrol á actividade está detrás, segundo as persoas responsables do evento, do recorte nesta iniciativa. A organización publicou un comunicado no que sinala que os responsables de política cultural no Concello "tras prometer axuda en diversas ocasións ao longo dos últimos meses, a última hora desentendéronse do tema deixando á organización da Palavra Encarnada con pouco tempo de reacción e poetas de toda España e Portugal á espreita".
A actividade comezará ás 17:30 horas cun recital de poemas de combate "en homenaxe ao 50 Aniversario do 10 de Marzo e o inesquecibel 25 de Avril" no Kiosko de Cantón de Molíns. O colectivo Moraima e os poetas Antón Cortizas, Quico Cadaval, Xosé M. Alvarez Caccámo, Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti, Manolo Bacalhao, Eugenia Sanmartin, Helga Méndez, Itha K. E Iolanda Teixeiro entre outros nomes participarán da actividade. A seguir, Maria Lado, Lucía Aldao, Carlos Santiago e Sol Mariño amosarán o seu traballo no Ateneo. Á noite, a partir das 22:30, un encontro de liña dataísta contará con Suso Eiroa, Carlos Santiago e Sol Mariño, coa guía de Itha K.
Para o día 23 as actividades trasládanse ao Centro Cívico de Canido con Víctor M. Díez, Olaia Pazos e Sol Mariño. Xosé María Álvarez Cácamo ás 15 horas e o recital na lancha de Mugardos Mareando Versos continúan o programa. O feche corresponde a Sol Mariño, Álvarez Cáccamo, Suin Al, Manolo Bacalhao, Fefi Naveiras e Eugenia Sanmartín.