Os artigos As voces perdidas, de Carolina Sertal Souto, e La ventaja de ser mujer, de Carmen González Magdaleno, foron seleccionados como os traballos gañadores da I edición dos premios Mulleres que opinan. Estes galardóns, que convocan a Deputación e o Concello de Pontevedra ao abeiro do foro As Mulleres que Opinan son Perigosas contan cunha dotación de mil euros para a categorÃa de textos de opinión en galego e outros tantos para os redactados en castelán.
Segundo destaca o fallo do xurado, en As voces perdidas, Carolina Sertal reflexiona sobre a necesidade dun espazo propio para as mulleres a partir dunha cita de Virginia Woolf. A autora salienta que ese espazo propio "é para a muller o tempo para si mesma que lle foi negado, ese contador demonÃaco coas agullas ancoradas no doméstico e nos coidados". Pola súa banda, o artigo gañador na modalidade de castelán defende a necesidade de que "o xornalismo con enfoque feminista é imprescindible porque se asoma á cara oculta da realidade. A nosa ollada é a nosa vantaxe e a arma máis poderosa contra o discurso do status quo".
As bases do galardón establecen que os textos deben acreditar que as súas autoras asistiron ao foro As Mulleres que Opinan son Perigosas e se inspiraron nel para a escrita. O xurado estivo presidido pola xefa do Servizo de Igualdade da Deputación, LucÃa Muradas, e integrado pola técnica do servizo, Ana Isabel Amoedo, amais de polas organizadoras do congreso, Susana Pedreira e Diana López Varela, as xornalistas Belén López, MarÃa Obelleiro, Lara Graña, a representante do CIM de Pontevedra Mercedes Renda e Jesús Iglesias e MarÃa Conde como representantes respectivamente dos gabinetes de prensa do Concello e Deputación.