Os océanos como espello do que ocorre no mundo, ese é o lema da exposición "Un viaje extraordinario. El efecto espejo de los océanos" que acaba de inaugurarse no espazo CentroCentro de Madrid e que amosa varias obras de artistas de Galicia, ademais de estar comisariada por David Barro. O espazo, un centro dependente do Concello Madrileño, acolle esta singular mostra moi relacionada conceptualmente coas "Viaxes extraordinarias" de Julio Verne, asà como noutras narrativas marÃtimas universais como Moby Dick ou Tiburón, ou nas exploracións de Jacques Cousteau. Para ilustrar estes conceptos e ideas David Barro tirou , entre outras fontes, do universo creativo galego arredor do mar, como as pezas inspiradas en mariscadoras e redeiras. A mostra acolle entre as máis de setenta pezas de todo tipo diversas mostras chegadas de Galicia, como tapices de MarÃa Elena Montero a partires da obra de LuÃs Seoane, pezas de Francisco Leiro, Idoia Cuesta, VÃtor Mejuto, Christina GarcÃa Bello, Manuel Vázquez ou Verónica Moar e o proxecto Enredadas das propias mulleres redeiras de Corme. Dentro desta exposición marÃtima no centro de Madrid tamén hai lugar para as creacións de arquitectos como David Chipperfield, co seu proxecto para Sargadelos ou o plan de Andrés Fernández-Albalat "La Ciudad de las RÃas", unha continuidade urbana polo golfo ártabro entre A Coruña e Ferrol para conformar unha nova cidade de seis centos mil habitantes. A exposición aberta ao público poderá verse ata o vindeiro 17 de setembro.