Superadas as fases de inscrición de espectáculos e de solicitude dos mesmos por parte dos concellos, a Rede Cultural da Deputación da Coruña 2023 xa fixo público que programará durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 un total de 1220 espectáculos, que chegarán a 91 concellos da provincia. A institución provincial realizará neste exercicio un investimento no circuíto de 1.512.576,18 euros que se distribuirá entre os programas 'Escena ao vivo', Visións, 'Lingua a escena' e Alicerce. Montaxes escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta que a Deputación cofinanciará cos concellos.
Por programas, o groso da oferta está comprendida dentro de 'Escena ao vivo', o programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos:, que supón ata 860 espectáculos (491 de teatro, 257 concertos, 85 de maxia e 27 de danza). Séguelle 'Lingua a escena', especializado en espectáculos relacionados coa dinamización social da lingua galega, que ofrecerá 149 actuacións. 'Visións', o programa profesional de cinema e contidos audiovisuais suporá a proxección de 81 filmes, mentres que con 'Alicerce', que dá presenza a grupos de música, danza e teatro non profesionais, haberá 131 espectáculos. No relativo aos nomes propios da programación, a Rede Cultural 2023 inclúe concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Vacas, Roi Casal, Cristian Leggiero & Paty Lesta, Mercedes Peón, Festicultores, Fillas de Cassandra ou Familia Caamagno. As principais propostas da escena galega forman parte tamén do catálogo desta edición con espectáculos de obras teatrais e monólogos de Chévere, Talía Teatro, Mofa & Befa, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Mago Antón ou as AldaoLado. No relativo á oferta para as crianzas se inclúen Caramuxo Teatro, Magín Blanco, Mamá Cabra, Pakolas, Fantoches Baj ou Polo Correo do Vento.