Ata o vindeiro 17 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para os grupos e compañÃas que queiran integrar as súas propostas culturais na nova xeira da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entidade facÃa pública onte a nova convocatoria deste programa, que conta cun orzamento de 2.060.000 euros para levar a diferentes concellos espectáculos e contidos culturais. A rede, ao igual que na pasada edición, conta con catro programas, Escena ao vivo, centrado nas artes escénicas, Visións, dedicado ao audiovisual, Alicerce, que acolle propostas non profesionais e de nova creación, e Lingua a escena! orientado as propostas de dinamización lingüÃstica para os concellos. Logo da inscrición dos espectáculos interesados, os concellos poderán facer as súas solicitudes entre o 27 de febreiro e o 13 de marzo.
Segundo adianta a Deputación, entre as novidades deste anos está que por vez primeira, as compañÃas poderán ter domicilio fiscal en calquera dos concellos galegos. Ademais, a convocatoria procura melloras das condicións de produción e distribución dos espectáculos.