Ata o vindeiro 20 de xaneiro teñen as compañÃas e entidades interesadas para solicitar a súa participación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entidade presentaba onte a nova edición deste programa, que contará cun orzamento 1,3 millóns de euros e incorpora novidades como a separación entre o ámbito profesional e o amador. Os fondos distribúense entre os ciclos Escena ao Vivo, que agrupa a programación de música, danza, teatro e monicreques; Visións, orientado á difusión de cinema e contidos audiovisuais tamén profesionais. Unha terceira liña, Alicerce acollerá grupos de música, danza e teatro non profesionais.
A última edición do programa apoiou 1.425 solicitudes de espectáculos, das que 473 foron para entidades e 952 para concellos, que programaron 701 espectáculos profesionais e 251 non amadores.
A última edición do programa apoiou 1.425 solicitudes de espectáculos, das que 473 foron para entidades e 952 para concellos, que programaron 701 espectáculos profesionais e 251 non amadores.