Nova convocatoria da Rede Cultural da provincia da Coruña

O orzamento ascende ata 1.900.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Deputación da Coruña acaba de abrir a convocatoria da súa Rede Cultural, que conecta a artistas, empresas e compañías coas entidades locais. Desta volta, a Rede Cultural mantén un orzamento de 1.900.000 euros, ao igual que na edición anterior, e continúa a ser constituída por catro programas: "Escena ao vivo!" (espectáculos), "Visións" (cinema e contidos audiovisuais", "Lingua a Escena!" (espectáculos orientados á dinamización da lingua galega) e "Alicerce" (grupos de música, danza e teatro non profesional). En 2021 a Rede Cultural ofreceu 1409 espectáculos en todos os concellos da Coruña. O prazo de envío de propostas para os artistas remata ás 14 horas do 1 de febreiro e a das solicitudes dos concellos para acadar os espectáculos entre o 11 e o 22 de marzo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Lingua galega, Cine, Teatro...