O teatro concentra a oferta cultural municipal da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña presenta a programación anual con 1409 espectáculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Rede Cultural da Deputación da Coruña presentou a súa programación, que desta volta comprenderá 1409 espectáculos. Trátase dos espectáculos contratados polos concellos da provincia e subvencionados pola Deputación. A cifra é aínda inferior aos 1829 espectáculos programados no 2019, aínda sen pandemia. As obras teatrais son a principal escolla dos concellos, con 524 eventos, seguidos dos concertos musicais, con 299, 65 espectáculos de maxia e 38 de danza. Dentro dos programas específicos promovidos pola área de cultura do ente provincial, o programa "Visións" sobre exhibición audiovisual contará con 198 proxeccións, realizaranse 173 actuacións da modalidade "Lingua a escena", para a promoción do galego e 112 propostas de cultura non profesional. Cultura aceptou a totalidade das solicitudes de programación realizadas polos 93 concellos e nesta convocatoria recuperaranse os espectáculos suspendidos no 2020 pola pandemia. O investimento da Deputación da Coruña foi de 1.551.240 €, moi similar ao de 2019, que se concretou en 1.559.248.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Teatro, Danza, Lingua galega