Os concellos da provincia da Coruña poderán escoller para programar entre os 1.776 espectáculos que se inclúen no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, unha oferta con case catrocentas propostas máis que no 2018. Este incremento débese a que nesta nova edición a convocatoria abriuse a todas as compañÃas e produtoras galegas, non só as domiciliadas na demarcación provincial. Para este 2019 a área de Cultura da Deputación destina máis de dous millóns de euros á Rede Cultural que o pasado ano chegou a programar case dous mil espectáculos e proxeccións. Escena ao vivo!, a categorÃa profesional de artes escénicas e musicais, é o programa que máis espectáculos inclúe no catálogo. Máis da metade das propostas da oferta cultural deste ano pertencen a este apartado que inclúe un total de 1.076 espectáculos dos que 508 corresponden a teatro e monicreques, 513 a música e 55 a danza.
Un total de 136 son as pelÃculas que compoñen a oferta do programa Visións! destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais, unha nova aposta que ten, entre outros obxectivos, buscar espazos de distribución para as producións galegas. Lingua á escena, o apartado de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos especÃficos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos duplica nesta segunda edición de existencia o número de propostas con 25 espectáculos. Finalmente, o apartado non profesional, Alicerce, destinado á programación en concellos e entidades de compañÃas amadoras de música, danza e teatro ofrece un total de 529 espectáculos.