Cabos Soltos volve a Pontevedra os vindeiros 28 e 29 de abril celebrando as terceiras xornadas técnicas e dúas xornadas de música e creatividade nos locais, cafeterías, salas e nos espazos públicos da cidade. O programa foi presentado onte pola concelleira pontevedresa Anabel Gulías, xunto con Marcos Rivas, da Sala Karma, e Patricia Hermida, coordinadora da xornada técnica. Esta iniciativa xurdiu no ano 2019 como unha resposta local ás restricións que causaba a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, creando unha fórmula na que o propio Concello actuase como organizador dos eventos nos locais de hostalaría e ao mesmo tempo visibilizar a cultura de base, e a creación emerxente así como fortalecer o tecido económico local a través tamén da hostaleira. O desenvolvemento destas actividades, que se levarán a cabo os vindeiros días 28 e 29 de abril, pretenden favorecer o tecido creativo e emerxente da cidade a través de programacións e de xornadas de formación. No relativo ás actuacións musicais, haberá case un cento de artistas espallando as actividades en máis de 30 locais hostaleiros da cidade., comezando este mesmo venres 21 de abril.
Formación e debate
Un dos puntos fortes deste Cabos Soltos, é un ano máis o seu programa técnico das III Xornadas sobre a Industria da Música, coordinadas por Patricia Hermida, profesional que agora mesmo ostenta a presidencia da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). As xornadas formativas celebraranse o día 28 de abril na Casa das Campás e nelas haberá dous encontros formativos co xerente da Asociación Músicas ao Vivo (MAV) , Manuel Alonso, dirixidas ao sector artístico e enfocadas na comprensión da nova Lei do Estatuto do Artista, aprobadas recentemente, e máis nas fórmulas e vías legais de facturación das actuacións artísticas e concertos. A xornada inclúe tamén tres relatorios ao longo do día que reunirán a profesionais expertos e artistas emerxentes arredor de varios temas.
Un destes relatorios exporá a situación do sector desde a perspectivas dos artistas emerxentes coa participación de Sheila Patricia, Grande Amore, Fillas de Casandra e Mondra. Outra perspectiva presente nesta xornada será a dos representantes de artistas, para o que se contará nun relatorio coa participación de Manuele Caamagno, Aitana Cuétara, Josiño Carballo e Ángela Vila. Finalmente a xornada abordará o fenómeno dos festivais desde o enfoque dunha busca da identidade propia destes eventos en Galicia, para o que contará con representación das organizacións do DilFeste de Valdeorras, Nachiños fest de Ferrol, Revenidas de Vilaxoán e de Bárbara G. Vilariño, especialista de comunicación en liña de festivais.