A Fundación Castelao instalará unha sede no Gaiás

A entidade desenvolverá na Cidade da Cultura parte do seu traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Fundación Castelao chegou a un acordo coa Consellería de Cultura e a Cidade da Cultura para a cesión dun espazo no Gaiás que permita o traballo da entidade en diferentes ámbitos, como os proxectos de investigación e catalogación, actividades divulgativas ou actualización da web, co obxectivo de "achegar a figura de Castelao á cidadanía do mundo, en todos os soportes con todos os medios". O historiador tamén salientou que a Fundación non renuncia a se dotar dunha sede propia en Compostela e dunha casa-museo sobre o político e creador rianxeiro na súa vila natal. Para Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, o acordo para "avanzar nun maior coñecemento se cabe do legado dunha das principais referencias intelectuais, literarias e artísticas de Galicia, parte fundamental da nosa historia".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Fundación Castelao, Gaiás, Román Rodríguez...