O cadro A derradeira leición do mestre poderá verse por vez primeira en Galicia

A obra fará parte dunha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O cadro A derradeira leición do mestre poderá verse por vez primeira en Galicia

No último trimestre de 2018 poderá verse por vez primeira en Galicia unha das obras máis recoñecidas de Castelao. O cadro A derradeira leición do mestre viaxará ao noso país desde Arxentina, onde o pintou o rianxeiro, para facer parte dunha exposición sobre o seu autor na Cidade da Cultura de Galicia. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o Centro Galicia de Bos Aires aceptou ceder de xeito temporal a obra logo dunha "longa negociación iniciada polo conselleiro Román Rodríguez na súa última viaxe a Arxentina". Está previsto que o vindeiro mes de febreiro se asine o convenio que feche o préstamo. Mentres, técnicos da Consellaría están a ultimar os detalles técnicos do traslado e conservación deste óleo de dous metros de alto pintado en 1945.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Arxentina, Román Rodríguez, Cidade da Cultura de Galicia...