Ourense recupera A derradeira leición do mestre nunha nova mostra sobre Castelao

Unha exposición e un congreso sobre a cultura galega celebrarán en 2020 o centenario da Xeración Nós

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
Imaxe da presentación da mostra Castelao e Prada: Irmaus!. Fonte: Deputación de Ourense

Imaxe da presentación da mostra Castelao e Prada: Irmaus!. Fonte: Deputación de Ourense

Só catro días despois do peche da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura abría onte as súas portas en Ourense Castelao e Prada: Irmaus!. A nova mostra, que se pode ver ata o vindeiro 7 de abril, acolle tamén a pintura A derradeira leición do mestre, que o artista de Rianxo pintou por iniciativa de Rodolfo Prada, quen foi tamén albacea testamentario do líder galeguista. A mostra, que se pode ver ata o vindeiro 7 de abril no Pazo Provincial da Cidade das Burgas complementarase coa publicación dun volume que recolle máis de trinta cartas entre os dous persoeiros.

A coincidir con esta inauguración, celebrouse no centro Marcos Valcárcel da cidade un encontro entre representantes da Xunta, da Deputación e doutros organismos para coordinar a programación coa que se conmemorará, en 2020, o centenario da Xeración Nós. Unha grande exposición na Cidade da Cultura de Galicia, con itinerancia na Cidade das Burgas e mais un congreso internacional sobre a cultura galega preséntanse como as primeiras propostas desta homenaxe. O Parlamento de Galicia aprobara en 2017 instar á Xunta a coordinar as actividades para esta efeméride.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ourense, Xeración Nós, Cidade das Burgas...