O cadro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A derradeira leición do mestre (1945) no que se fai unha homenaxe a Alexandre Bóveda e a través del a todos os mestres brutalmente asasinados durante o golpe de estado franquista de 1936, aumentará o seu período de exhibición en terras galegas. A obra, que visitaba este ano Galicia por vez primeira para participar na actual exposición Castelao maxistral que esta a ter lugar na Cidade da Cultura de Galicia, poderá ser vista despois en Ourense. Grazas á cesión acordada por Manuel Baltar co o presidente do Centro Galicia, José María Vila Alén, unha vez remate a actual exposición, a partires do 3 de marzo de 2019, o cadro viaxará a terras ourensáns onde estará exposto ao público nas dependencias da Deputación ourensá por tempo aínda por definir. A exposición pública do cadro lembrará tamén o vencello entre a obra e a provincia toda vez que foi pintado por Castelao a instancias do galeguista dos Peares e secretario do Centro Ourensano, Rodolfo Prada.
Ademais deste acordo, que tivo lugar na visita institucional que o presidente da Deputación Provincial de Ourense está a facer ás comunidades galegas na diáspora arxentina, asinouse tamén outro acordo coa Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina. Ámbalas dúas entidades acordaron formalizar proximamente un convenio de colaboración para o que será o futuro Museo Galego da Emigración, espazo expositivo que se situará no Pazo de Vilamarín. A posta en marcha desta iniciativa que será socia do arxentino Museo da Emigración Galega (MEGA), que custodia esta Federación- conta co apoio dos centros galegos no exterior, que aportarán os fondos necesarios para darlle contido ao museo, segundo informa a Deputación. O museo, que será unha homenaxe á emigración galega, terá un enfoque especialmente interactivo e estará dirixido a público de todas as idades. O proxecto forma parte do Plan de Goberno "Ourense 15-19" da Deputación de Ourense.