A Cidade da Cultura abre a mostra Castelao Maxistral

A exposición poderá verse do 5 de outubro ao 3 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A Cidade da Cultura abre a mostra Castelao Maxistral

"Unha homenaxe ao papel dos mestres e mestras de Galicia e ao importante labor que fixeron" entre 1900 e 1936 é a base da exposicion Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra que abre mañá, 5 de outubro, as súas portas na Cidade da Cultura. A mostra, comisariada por Miguel Anxo Seixas, conta co cadro A derradeira leición do mestre, que se poderá ver por vez primeira no noso país logo de ser trasladado desde Arxentina, como eixe. Para alén de repasar as condicións do ensino na época e de salientar o labor do colectivo docente, a exposición compila os 40 debuxos de Castelao sobre a cuestión do ensino. O Museo Centro Gaiás acolle este proxecto, que se pederá ver ata o vindeiro 3 de marzo e que conta con visitas comentadas e mais orientadas a escolares.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ensino, Museo Centro Gaiás, Arxentina...