O que fora conselleiro de Cultura entre 1990 e 1993, Daniel Barata Quintas, falecÃa este 31 de maio aos 79 anos de idade. Nado en Rairiz de Veiga, desenvolveu carreira no sector educativo, onde desenvolveu tarefas de profesor, inspector e delegado da ConsellerÃa de Educación. No ámbito polÃtico, integrouse no goberno de Fraga como conselleiro desde Centristas de Galicia. Durante o seu perÃodo como conselleiro impulsou o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, antecedente da Agadic, e promoveu a primeira grande restauración do mosteiro de San Martiño Pinario, entre outras actuacións.
Desde a súa xubilación en 2014 ocupou cargos no Consello Escolar de Galicia e no Consello Social da Universidade de Vigo. En 2018 foi recoñecido como Docente Exemplar do ano polo sindicato ANPE. Logo do velorio no Tanatorio As Burgas de Ourense, o seu corpo será trasladado ás 16:30 horas este 1 de xuño á Igrexa de MarÃa Auxiliadora de Ourense e posteriormente ao cemiterio de Santa Mariña onde se desenvolverá o enterro.