Falece o ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela

Foi o grande impulsor da Cidade da Cultura durante os seus mandatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Xesús Pérez Varela. Fonte: Wikimedia Commons

Xesús Pérez Varela. Fonte: Wikimedia Commons

Xesús Pérez Varela, coñecido polo seu traballo como responsable de comunicación e conselleiro de Cultura en varios gobernos de Manuel Fraga, faleceu este 16 de xaneiro. Nado en Redondela en 1949, Pérez Varela desempeñou un importante papel na Xunta de Galicia entre 1990 e 2005.

Durante a súa etapa como conselleiro de Cultura e Comunicación Social, entre 1997 e 2005, marcou fitos destacados como o impulso ás programacións dos anos xacobeos ou o proxecto da Cidade da Cultura, do que foi un firme defensor. Logo da súa retirada do posto, e ata a xubilación, fixo parte do Consello de Administración da CRTVG.

De xeito previo ao seu labor político, Pérez Varela traballara en medios como Marca, Aragón Express, La Gaceta del Norte, Región ou El Imparcial, medio que chegou a dirixir. Está previsto que o enterro se celebra en Redondela este 17 de xaneiro ás 16 horas.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, Manuel Fraga, Redondela, Xunta de Galicia...