O Diario Oficial de Galicia deste 18 de abril recollÃa a orde pola que se inscriben no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia trinta embarcacións tradicionais. Vinte e nove destas pezas incorpóranse ao censo como "embarcación tradicional galega" e unha, o balandro Evangelina Uno, faino como "barco histórico clásico". A listaxe inclúe todas as solicitudes de inscrición que recibiu a Dirección Xeral de Patrimonio desde a anterior incorporación de embarcacións a este censo en 2022.
Na listaxe destaca o feito de que dezasete das trinza pezas que se incorporan ao censo
foron construÃdas con posterioridade ao ano 2000. Destas, catorce son diferentes variedades de dornas, ademais de dúas gamelas e un bote, o que pode dar unha idea do tipo de embarcacións tradicionais que máis se están a construÃr nos últimos anos.
O balandro Evangelina Uno, que entra no censo como "barco histórico clásico", é a maior e máis antiga das incorporacións recollidas na orde. A nave, construÃda en 1936, conta con 16 metros de eslora e 4,10 de manga, e despraza unha tonelaxe total de 15,91 toneladas.
Canda a el, só seis pezas saÃron dos estaleiros con anterioridade a 1980. En concreto, trátase das dornas polbeiras Única, de 1942, e Iceberg datada en 1960; a buceta xeiteira Pialla, de 1972 , o bote das RÃas Altas Fiuncho, de 1963, e a dorna nai Nai, que foi botada en 1975. Destaca entre estas polo seu tamaño o Galeón Rei do Mar, con 12,40 metros de esolra, 3,40 de manga, e 14,14 toneladas construido en 1960.
Os expedientes para esta declaración contaron con informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de CarpinterÃa de Ribeira a recoñecer que estes elementos son representativos das técnicas construtivas tradicionais.