The Killer Barbies celebran seu trinta aniversario cun novo álbum

Este ano publicouse tamén un libro biográfico sobre o percorrido da banda viguesa

  • Tras trinta anos en activo, Silvia Superstar e Billy King seguen a manter a esencia de The Killer Barbies, a banda coa que desde Vigo proxectáronse a todo o mundo. 'El Pop se autodestruirá en 4, 3, 2, 1..." (Subterfuge Records) é nome do seu novo ...

Plataforma espallará por Santiago as artes performativas

A sexta edición do festival comeza o vindeiro día 21 e xuntará creadores do país e artistas estatais e internacionais

  • O mércores 21 de maio comeza a programación da VIª edición de Plataforma. Festival de artes performativas en Santiago de Compostela que terá lugar ata o 25 de maio. O festival organizado pola Cooperativa Performa caracterízase pola deslocalizac...

Rural Lab-Ferrolterra analiza as posibilidades de dinamización do rural

Ares acolle a iniciativa da Fundación Gabeiras e a Fundación DIDAC os días 20 e 21 de maio

  • O Concello de Ares acolle os vindeiros 20 e 21 de maio Rural Lab-Ferroterra. Este proxecto, da Fundación Gabeiras e a Fundación DIDAC pretende "impulsar o desenvolvemento sostible e a innovación en contornas rurais". As oportunidades da dixitaliza...

O XXII Festival de Cans aproximase con actos previos

O día 20 dará comezo a programación oficial con numerosas estreas e oferta musical

  • Antes da súa inauguración oficial o vindeiro 20 de maio, a XXIIª edición do Festival de Cans (O Porriño) quenta motores esta fin de semana cunha programación previa que mestura cinema internacional, música galega de raíz e memoria histórica....

Zas homenaxea a Labarta Pose no centenario do seu pasamento

Descóbrese un monumento e faise un simbólico enterro de cinzas

  • As accións por reivindicar a importancia e a vixencia do xornalista e escritor Enrique Labarta Pose (Baio, 1863, 1925) na súa comarca de orixe seguen mantendo un alto nivel de compromiso. Fai anos que a súa figura está a ser proposta para o Día ...

O Álbum de Galicia incorpora a biografía de Narf

Pepe Sendón asina a entrada dedicada a este recoñecido músico, falecido en 2016

  • Fran Pérez Narf , é a nova entrada do Álbum de Galicia. O proxecto do Consello da Cultura que repasa biografías de persoeiros destacados do país incorpora a historia deste músico, autor dunha trintena de bandas sonoras para proxectos teatrais e...

Premio Honorífico Martín Códax para Leilía

Músicas ao Vivo recoñece a súa labor de difusión do canto e a música tradicional durante tres décadas

  • No ano no que o Día das Letras homenaxea á poesía oral popular e ás cantareiras, Músicas ao Vivo ven de anunciar a concesión do Premio Honorífico Martín Códax da Música 2025 a Leilía. Nome referente na música galega que transita do sécul...

Cantareiras: Celebrar o patrimonio pendente

O Día das Letras pon o foco nun legado colectivo pendente de investigar e con debates abertos

  • A dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras supón unha mudanza importante no marco no que se desenvolve esta celebración. Para alén das posibilidades que abre esta aposta pola literatura popular e a inclusión da música de cara ao fu...

'Deuses de pedra' de Iván Castiñeiras gaña no Play-Doc

O festival de Tui premia na sección internacional o filme '7 promenades avec Mark Brown'

  • A ópera prima de Iván Castiñeiras (Ourense, 1980), 'Deuses de pedra' alzouse co premio na Competición Galega da finalizada 21ª edición do festival Internacional de Cinema Play-Doc de Tui. O xurado composto pola creadora visual Ana Domínguez, o...

Ángel Miramontes releva a María del Carmen Martínez Insua en Patrimonio

O doutor en Xeografía pola USC farase cargo da dirección xeral na que Carmen Martínez estivo doce anos

  • O Consello da Xunta ven de facer oficial o nomeamento de Ángel Miramontes Carballada como novo director xeral de Patrimonio Cultural tras da dimisión de María del Carmen Martínez Insua. Miramontes, profesor de xeografía na Facultade de Xeografí...

As axudas á creación escénica da Agadic chegan a 25 compañías profesionais

Os 870.000 euros apoiarán o desenvolvemento de 19 montaxes de teatro, sete de danza e catro de circo

  • Un total de 30 novos espectáculos escénicos, dos que 19 son montaxes teatrais, sete de danza e catro de circo reparten os 870.000 euros das subvencións á creación escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A entidade daba a c...

Branca Trigo gaña o 28º certame poético de Carral

O xurado escolle a súa obra 'Especies invasoras' entre o cento de textos presentados

  • A escritora Branca Trigo Cabaleiro (Vigo, 1997) resultou a gañadora da 28ª edición do concurso poético Concello de Carral grazas á súa obra 'Especies invasoras'. O xurado escolleu este texto de entre o cento de traballos presentados nesta edici...

O Ciclo Mestre Mateo comeza a súa cuarta edición

Proxectará os filmes finalistas do certame por toda Galicia e en oito centros galegos no exterior

  • O circuíto de cinema galego Ciclo Mestre Mateo organizado pola Academia Galega do Audiovisual arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os concellos de Betanzos, Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdov...

A Coruña celebra unha nova xeira do Autobom

Compostela presenta a sétima edición do encontro de autoedición Fun Fun fun e acolle as charlas FELiiC

  • Dous dos máis veteranos encontros de BD e autoedición do país presentan novas xeiras. Na Coruña bota a andar este 9 de maio o Autobom, mentres en Compostela se daba a coñecer o programa do VII Fun Fun Fun, que se desenvolverá o 7 de xuño na Ca...

A Xunta presenta un programa de apoio á profesionalización na danza

Está organizado coa Fundación Paideia e a Fundación EOI

  • A Xunta de Galicia congregou na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, máis de 35 profesionais, compañías e entidades do sector da danza para a presentación do primeiro programa galego de emprendemento e formación neste ámbito, deseñado...

Cincuenta e sete proxectos na fase final dos Premios Martín Códax

Desveláronse os finalistas designados polo xurado e ábrese o prazo de votacións populares e da asociación

  • As portas das Bodegas Martín Códax, en Cambados, abríronse este mércores para celebrar a festa de finalistas dos 12º Premios Martín Códax da Música, promovidos por Músicas ao Vivo. Tras a votación do xurado profesional, corenta e cinco band...

Vilar de Barrio estrea un Museo de Escritores e Escritoras locais

Recolle máis de trinta autores e setenta obras relacionadas co lugar

  • Con algo máis de mil habitantes o concello ourensán de Vilar de Barrio terá desde este vindeiro sábado un museo dedicado aos seus escritores. A Sala Multiusos do Concello será o primeiro lugar onde se amose este proxecto impulsado polo alumnado ...

Caaveiro e o desastre do Annual protagonizan novas propostas da BD galega

As novelas gráficas Seica son unha pendanga? e A miña outra vida súmanse aos lanzamentos recentes

  • Dúas obras de carácter histórico destacan entres os lanzamentos recentes da banda deseñada galega. Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume é o título do volume que asinan o ilustrador Delio Rodríguez...

A Xunta dará un selo a empresas que usen o galego

Terá valor de cara a empates nos procedementos autonómicos

  • Nunha comparecencia parlamentaria a petición propia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos anunciou onte a posta en marcha dun selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Segundo o res...

Mondra publica o seu agardado novo álbum

O artista presentará 'DE RONDA' en concerto este sábado en Santiago

  • Desde hoxe xa está dispoñible en plataformas dixitais 'De ronda', o segundo traballo discográfico de Mondra. O novo disco do cantareiro e bailador chega dous anos despois do seu debut con 'ARDĒN' (Altafonte, 2023), un traballo que recibiu num...