Rural Lab-Ferrolterra analiza as posibilidades de dinamización do rural

Ares acolle a iniciativa da Fundación Gabeiras e a Fundación DIDAC os días 20 e 21 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Rural Lab-Ferrolterra analiza as posibilidades de dinamización do rural

O Concello de Ares acolle os vindeiros 20 e 21 de maio Rural Lab-Ferroterra. Este proxecto, da Fundación Gabeiras e a Fundación DIDAC pretende "impulsar o desenvolvemento sostible e a innovación en contornas rurais".

As oportunidades da dixitalización para a contorna rural protagonizan a primeira sesión desta iniciativa, nun encontro que contará coa participación de Alfons Martinell, director do Grupo de traballo sobre Cultura e Desenvolvemento Sostible da Rede Española de Desenvolvemento SostibleÇ: Susana da Sierra, profesora de Dereito Administrativo na Universidade de Castela-A Mancha; José María Pernas, avogado sénior do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía, e Luís Fernández Martín, avogado de Gabeiras & Asociados.

O programa inclúe a celebración, o día 21 das Xornadas abertas para a creación dun monte soberano, Nas mesmas presentarase o proxecto piloto de Montefaro, deseñado de forma participativa cos axentes locais para lograr un plan de explotación do monte sostible. No encontro analizaranse experiencias similares en Galicia e noutros lugares da Península e desenvolverase un obradoiro participativo. Ademais, Christian García Bello realizará unha intervención artística no transcurso da actividade.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Deseños que nos deron forma

Deseños que nos deron forma

A Fundación DIDAC amosa ata o 16 de decembro Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ares, Fundación DIDAC, Ferrolterra, Obradoiro...