A Fundación DIDAC achega o traballo de Carlos Aires en The End

A nova exposición pode verse ata o vindeiro 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A Fundación DIDAC achega o traballo de Carlos Aires en The End

O granadino Carlos Aires protagoniza a nova proposta expositiva da Fundación DIDAC, en Santiago de Compostela. Desde este 21 de febreiro e ata o vindeiro 16 de maio, The End propón enfrontarse "co derrube da cultura occidental asentada na busca de coñecemento, os mitos, as artes e o afán científico, pero tamén na loita relixiosa, na pugna polo territorio, na alienación e a distopía".

Segundo presenta a entidade, a mostra "lévanos a pensar na fin dun ciclo e en ídolos caídos, pero tamén na esperanza, na nosa capacidade de apuntalar, de soster de forma individual e tamén colectiva, para evitar a destrución". A partir da canción homónima de The Doors, Aires "afonda na idea de final, na delgada liña que separa vida e morte nun mundo marcado pola violencia, o xenocidio e a ansiedade suicida".

Aires é un artista multidisciplinar recoñecido internacionalmente pola súa visión cínica respecto á sociedade actual e polas súas pescudas sobre as representacións do poder. Cun grande interese pola perfección técnica, o creador quere chamar a atención sobre a importancia da tradición e a sabedoría popular para construír as nosas visións actuais.

A inauguración da mostra, que foi comisariada por Mónica Maneiro, celébrase o 21 de febreiro ás 19 horas na sede da entidade.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación DIDAC, Santiago de Compostela, Morte

Claves

Entidades
Conceptos