A Xunta dará un selo a empresas que usen o galego

Terá valor de cara a empates nos procedementos autonómicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
José López Campos      Foto: Parlemanto de Galicia

José López Campos Foto: Parlemanto de Galicia

Nunha comparecencia parlamentaria a petición propia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos anunciou onte a posta en marcha dun selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Segundo o responsable da carteira lingüística as empresas comprometidas co galego terán a vantaxe dunha discriminación positiva na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico en caso de empate nas valoracións, que poderá terse en conta nas convocatorias outorgando maior puntuación a quen leve este selo. López Campos reafirmou a aposta do executivo por buscar un pacto de pais a prol do galego que leve a renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega. Na súa intervención parlamentario o conselleiro avanzou tamén a posta en marcha dun plan de modernización das infraestruturas culturais así como a finalización do Plan de usos do Teatro-Cine Fraga de Vigo.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con José López Campos, Xuventude, Lingua galega, Cine...

Claves

Protagonistas
Lugares