Conseguir un Pacto pola Lingua cos grupos da oposición parlamentaria e diferentes entidades culturais e polÃticas do paÃs con vistas actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Este é o obxectivo que presentou este 24 de outubro o conselleiro de Cultura, José López Campos, na xuntanza que mantivo con representantes dos partidos presentes no Parlamento Galego.
Canda aos grupos polÃticos, López anunciou que o proceso de diálogo abranguerá tamén encontros co Consello da Cultura Galega e coa Real Academia Galega o vindeiro mes de novembro, ademais de xuntanzas coa Administración xeral, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as universidades. A intención é que ese Pacto se concrete nun prazo de quince meses para, a seguir, actualizar o Plan Xeral de Normalización.
Nestes encontros, o responsable de Cultura trasladará unha serie de propostas que se sustentan "na necesidade de prestixiar o uso social do galego". O documento, segundo a Xunta, "toma como base a Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias" e inclúe as propostas do Plan de impulso do galego centrado no eido dixital, as persoas chegadas do exterior e o neofalantismo, cun especial peso da mocidade.
Segundo trasladou López, a Xunta apunta a "non instalarse nun modelo impositivo que teña un efecto contrario ao que todos queremos, de maneira que a poboación perciba que ten liberdade de elección e que o galego é unha opción de gran valor, non unha obriga". Ao seu ver "pensamos que a mellor maneira de incentivar o agrado pola nosa fala é afastarnos da crenza de que estamos en loita pola supervivencia da lingua". Neste senso, apostou por "situarnos no que realmente estamos, nun escenario de convivencia entre linguas no que, entre todos, debemos ser quen de outorgarlle ao galego o prestixio que se merece".
Para López, os datos do recente estudo do Instituto Galego de EstatÃstica que amosan un importante descenso no uso da nosa lingua, supoñen "unha oportunidade única porque temos unha radiografÃa actualizada da situación do galego que debemos utilizar para sacar as nosas fortalezas".