O Parlamento de Galicia acolleu este 14 de maio a primeira comparecencia do novo conselleiro de Cultura. José López Campos dirixiuse á cámara por petición propia para debullar os eixes que marcarán o seu mandato. Entre estes, destacou a aposta pola lingua, e sinalou o feito de a ConsellerÃa incorporar este ámbito ao seu nome como unha demostración da importancia que terá durante este perÃodo. AsÃ, o novo conselleiro realizou un chamamento para buscar os consensos necesarios que permitan seguir impulsando e prestixiando o uso do galego.
Segundo declarou, "vivimos nunha Galicia que coñece, quere e usa o galego e na que a lingua é unha gran riqueza pola que debemos traballar desde a concordia e con liberdade". Con referencias ao potencial da LusofonÃa para a nosa cultura, asegurou tamén que "a polÃtica lingüÃstica do Goberno galego permitiu que hoxe contemos cun modelo integrador no que cabemos todos e non confrontamos con ninguén".
Para alén deste eixe, o conselleiro apuntou tamén que unha as primeiras medidas a desenvolver será a creación dun novo Plan estratéxico da Cultura Galega consensuado co sector e con horizonte no ano 2030. Esta será a ferramenta para "planificar conxuntamente as principais liñas de acción das polÃticas culturais públicas e privadas desta década".
Canda a este, anunciou un Plan de modernización das infraestruturas culturais públicas e a posta en marcha dunha folla de ruta para impulsar a internacionalización da cultura. A presenza de creación galega en eventos internacionais e a continuidade do traballo dos Centros de Estudos Galegos preséntanse como principais eixes desta liña de traballo, aos que López engadiu as actividades nos centros galegos no exterior.
Avanzou tamén que continuarán os traballos do Plan de dixitalización do patrimonio cultural galego, que empregará ferramentas de xeolocalización, 3D ou realidade virtual para facilitar co coñecemento dos bens materiais deste ámbito, e reafirmou a intención de crear o Observatorio da Innovación no Patrimonio Cultural e mais a fundación que xestionará o Panteón dos Galegos Ilustres.
López salientou tamén o esforzo que o seu departamento realizará arredor da celebración dos vindeiros Xacobeos, previstos para os anos 2027 e 2032, e lembrou a vindeira actualización da normativa da Rede Galega de Teatros. A aprobación e posta en marcha da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia foi tamén un dos obxectivos máis importantes do seu departamento para este mandato.