Un total de once comisións de traballo abordarán a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega. Asà o anunciou este 28 de novembro José López Campos, conselleiro de Cultura, nas reunións que mantivo cos grupos parlamentarios a este respecto. Os temas destas mesas artéllanse, por unha banda, nun bloque de carácter transversal, integrado polos apartados de dereitos lingüÃsticos, tecnoloxÃas e implementación do corpus, segundo informou a ConsellerÃa. Pola outra banda, as mesas centraranse en "ámbitos sociais como son a administración, a educación, a familia e a mocidade, os medios de comunicación, as industrias culturais, a economÃa, a sanidade, a sociedade ou a proxección exterior da lingua".
Segundo López Campos, o impulso do uso social do galego "pasa por actualizar ese plan, tal e como nos comprometemos, e adaptalo á realidade dos nosos dÃas". Para isto, está a manter encontros con diferentes axentes da cultura e da sociedade do paÃs con vistas a "crear un marco amplo no que poidamos tomar decisións conxuntas ao redor de moi diversas áreas e implicando a toda a sociedade". Segundo apuntou "apostamos por unha renovación que teña en conta as necesidades actuais, que xa temos debidamente analizadas, e normalizar asà o uso do galego en distintos ámbitos sociais, sectores profesionais, na ensinanza, entre as persoas chegadas de fóra e, en xeral, na vida cotiá".
López Campos adiantou que se desenvolverán medidas especÃficas para o impulso do uso do galego "nas relacións nas administracións, no fomento de accións transversais no eido familiar e entre a mocidade, ou en aumentar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación e nas industrias culturais", ao que suma propostas para mellorar a atención en galego no ámbito sanitario.
Canda a isto, no ámbito da sociedade, o proxecto da Xunta "abrangue intervencións que van desde as crenzas relixiosas e os servizos sociais, ata o deporte, o asociacionismo, o turismo ou o lecer", a atender a proxección do galego no exterior "con medidas que se estenden a outros territorios limÃtrofes con Galicia e ás colectividades galegas asentadas en distintos paÃses do mundo".
De xeito paralelo a estas mudanzas, desde a ConsellerÃa lembran que o documento que a Xunta está a presentar nas súas conversas con diferentes entidades recolle tamén "máis de 50 medidas de actuación inmediatas", que inclúen o inicio "dunha senda de crecemento orzamentario para a polÃtica lingüÃstica", a colaboración "coa CRTVG como catalizadora da lingua", ou o seguimento das recomendacións para Galicia da Carta Europea das linguas.