A ópera prima de Iván Castiñeiras (Ourense, 1980), 'Deuses de pedra' alzouse co premio na Competición Galega da finalizada 21ª edición do festival Internacional de Cinema Play-Doc de Tui. O xurado composto pola creadora visual Ana DomÃnguez, o cineasta e deseñador gráfico Michael Wahrmann e a produtora Silvia Fuentes decidiu premiar a pelÃcula de Iván Castiñeiras, por seren "un traballo sensible que rompe as fronteiras formais e simbólicas para retratar a orfandade dun territorio en proceso de desarraigamento. E a persistencia cinematográfica na súa ópera prima". A longametraxe de castiñeiras tivo a súa estrea mundial no festival internacional de Rotterdam.
'Deuses de pedra' é unha longametraxe documental rodada ao longo de 15 anos nunha comunidade rural situada na fronteira entre Galicia e Portugal. Esta produción galega, portuguesa e francesa presenta un compendio de relatos, personaxes e historias sobre as memorias e a forma de vida da comunidade. Céntrase arredor do crecemento de Mariana, unha nena de catro anos e como vai crecendo no entorno e aprendendo do mundo a través das historias e ensinanzas da súa mestra. O xurado da sección galega tamén outorgou unha mención especial á pelÃcula 'Un dragón de cen cabezas', de Helena Girón e Samuel M. Delgado, destacando dela que "a través da plasticidade das imaxes e do investimento do protagonismo os realizadores conseguen plasmar unha ollada irreverente sobre o mito e o cinema".
No apartado da Competición Internacional triunfaron este ano os realizadores Pierre Creton e Vincent Barré polo seu filme '7 promenades avec Mark Brown' (7 paseos con Mark Brown). O xurado internacional, composto polo cineasta C.W. Winter, o distribuidor Pascale Ramonda e o produtor e distribuidor Pierre-Emmanuel Finzi, decidiu premiar a pelÃcula “pola súa lixeireza, a súa delicada elegancia e o seu refinamento. Pola súa erudición e a súa poética. Unha contrafáctica modernista para estes tempos. Unha pelÃcula que sabe que a solidez xorde da complexidade e que a complexidade xorde da sinxeleza. Unha pelÃcula na que un desexa vivir, deitarse e rebolar. Un agasallo para o cinema e para o público”.