Ángel Miramontes releva a María del Carmen Martínez Insua en Patrimonio

O doutor en Xeografía pola USC farase cargo da dirección xeral na que Carmen Martínez estivo doce anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisPatrimonio
Compartir:
Ängel Miramontes Carballada - Foto: USC

Ängel Miramontes Carballada - Foto: USC

O Consello da Xunta ven de facer oficial o nomeamento de Ángel Miramontes Carballada como novo director xeral de Patrimonio Cultural tras da dimisión de María del Carmen Martínez Insua. Miramontes, profesor de xeografía na Facultade de Xeografía e Historia da USC, natural da Estrada, toma o relevo de Martínez Insua que levou a dirección durante 12 anos no cargo. Ángel Miramontes pertence ao grupo de investigación Análise Territorial da facultade, no ano 2020 levou estivo a cargo da elaboración de cartografía de risco do COVID19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia.

Que che parece esta nova?
126 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ángel Miramontes, Xeografía, USC

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos