Patrimonio abriu expediente sancionador a Sargadelos por pintar o complexo de Cervo

A Dirección Xeral obrigou a paralizar a obra e á reposición da legalidade previa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Patrimonio abriu expediente sancionador a Sargadelos por pintar o complexo de Cervo

A Dirección Xeral de Patrimonio abriu un expediente sancionador á empresa Sargadelos por pintar o complexo fabril que a firma ten en Cervo. O colectivo Mariña Patrimonio denunciara estes traballo, que se estaban a desenvolver sen autorización previa da Dirección Xeral e que alteraban un conxunto que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. Onte, a reponsable do departamento, Carmen Martínez Ínsua explicaba ante a Comisión Cuarta do Parlamento en resposta a unha cuestión da parlamentaria Olalla Rodil, que a Xunta abriu de xeito automático un expediente ao coñecer os feitos e que notificou á empresa a súa obriga de paralizar a obra de proceder á reposición da legalidade no espazo.

Co expediente aínda aberto, a Directora Xeral apuntou que está por valorar se a actuación é autorizable ou non, pero destacou que a desenvolver sen licenza supón unha infracción que será sancionada, segundo recolle hoxe Galicia Confidencial.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Cervo, Ben de Interese Cultural, Mariña Patrimonio...