A Ribeira Sacra será a candidata española a Patrimonio da Humanidade

A UNESCO decidirá sobre a incorporación en 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Ribeira Sacra será a candidata española a Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Así o anunciou o director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, Román Fernández-Baca, e a directora de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Insua. Será a única candidatura española para este ano e a decisión foi tomada por unanimidade do Consello do Patrimonio. A candidatura será avaliada na xuntanza 45 do Comité do Patrimonio Mundial e a súa resolución coñecerase no ano 2021.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Ribeira Sacra, UNESCO, Belas Artes...