España enviará a candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO para 2021

O Consello do Patrimonio Histórico acordou presentar a candidatura galega ante o organismo internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
España enviará a candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO para 2021

A candidatura da Ribeira Sacra ao título de Patrimonio da Humanidade deu este 22 de outubro un novo paso ao conseguir o apoio do Consello do Patrimonio Histórico Español. Este organismo, responsable de seleccionar as propostas que o Estado presenta cada ano ante a UNESCO, acordou elevar ao organismo internacional a candidatura galega de cara á súa valoración polo Comité de Patrimonio Mundial de 2021.

A galega foi a única proposta seleccionada da listaxe que as diferentes autonomías lle presentan ao Consello. A Xunta de Galicia, pola súa banda, anunciou que "previsiblemente" esta a candidatura contará cun Plan de Xestión a finais deste 2019 e sinalou que as outras candidaturas nas que está a traballar actualmente, a de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e a de Cidade de Ferrol: Porto de la Ilustración, "continúan o seu traballo con normalidade" con vistas a ser presentadas ante a UNESCO en vindeiros anos.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade, Xunta de Galicia...