José Manuel RodrÃguez Uribes, novo embaixador de España ante a Unesco, reunÃase na mañá deste 16 de febreiro do Conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, durante a visita que este último está a realizar a ParÃs. Logo do encontro, RodrÃguez Uribes ratificou o apoio do Estado á candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade por parte do organismo internacional.
O novo embaixador sinalou que o Ministerio de Cultura traballará coa Xunta para elaborar unha "candidatura potente nos vindeiros tempos", e sinalou o seu compromiso a axudar que a proposta chegue con forza "nos vindeiros anos" e que "este expediente teña éxito". Nese sentido destacou que a candidatura "merece a pena" e destacou que, "ben traballada, debe ter éxito no futuro" na súa avaliación pola Unesco, un labor para o que avanzou a colaboración do Ministerio de Asuntos Exteriores.
Román RodrÃguez, pola súa banda, destacou que "estamos aproveitando o aprazamento estratéxico da candidatura para fortalecer e mellorar aspectos que nos permitan acreditar con toda a forza os valores excepcionais cos que conta o territorio da Ribeira Sacra". Ademais, lembrou que a proposta está "nunha nova fase" na que se intensificou o traballo e o diálogo tanto coas administracións implicadas como cos veciños e membros da comunidade local desta comarca.
Do mesmo xeito, apuntou que a reformulación do proxecto desenvólvese en contacto co Icomos, órgano asesor da Unesco. Nos últimos meses, a Xunta de Galicia ampliou o equipo técnico da candidatura con novos perfÃs o que, segundo a ConsellerÃa "marca un punto de inflexión na candidatura e na vÃa de diálogo con Icomos".