Cultura presenta na UNESCO a candidatura Illas Cíes-Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade

A candidatura da Ribeira Sacra e do Ferrol da Ilustración continúan a súa tramitación previa

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, reuniuse onte en París coa directora do Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO, Mechtild Rössler, para presentarlle a candidatura Illas Cíes-Illas Atlánticas. A executiva da UNESCO confirmou que a candidatura xa estaba rexistrada na UNESCO, feito que Rodríguez definiu como "usando un símil futbolístico, na final". O conselleiro aproveito para informar de que se está a traballar noutras candidaturas: o Ferrol da Ilustración e a Ribeira Sacra. Segundo informa a Xunta, o conselleiro presentou tamén un documento que "recolle o potencial do patrimonio mundial galego que xa forma parte da Lista Indicativa da UNESCO".

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Illas Cíes, Ferrol, Ribeira Sacra...