
RodrÃguez apuntou sobre o acto que "este é o primeiro paso da nova etapa da candidatura ata o si definitivo" da UNESCO, e deu a coñecer á asistencia o traballo técnico e o labor de posta en valor e conservación desta paisaxe cultural ademais de incidir nos valores básicos da mesma. Ademais afirmou que Xunta e Estado mellorarán todo o que sexa preciso para dar o último paso "con toda a forza e conseguir o si definitivo" ao considerar que "a Ribeira Sacra é un espazo único, cun gran valor incapaz de decepcionar a quen o visita, polo que manteremos vixente o compromiso" coa candidatura, sinalou.
Na súa intervención, RodrÃguez incidiu especialmente na declaración como Ben de Interese Cultural do territorio asà como no desenvolvemento dun órgano de xestión do Plan Ribeira Sacra de investimentos como ferramentas para mellorar a situación da área. Segundo defendeu, "este é un territorio que destaca, precisamente, pola súa capacidade para conservar os seus valores excepcionais e que reflicte a transformación pausada e respectuosa do home sobre a terra", malia a que boa parte das crÃticas do ICOMOS fan referencia a que as excesivas transformacións da área minaron boa parte dos seus valores diferenciais.