As Illas Atlánticas xa son aspirante oficial a Patrimonio da Humanidade

A candidatura foi aprobada polo Consejo de Patrimonio Histórico Español

9/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicaron o venres que a candidatura para que as Illas Atlánticas aspiren á designación por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade (na categoría de bens naturais), foi aprobada por unanimidade no Consejo do Patrimonio Histórico Español, na coñecida como Lista indicativa. O Estado debe agora comunicar ao Centro de Patrimonio Mundial da UNESCO que a proposta está aprobada para que sexa incluída na Lista indicativa global e permanecer alí un ano antes de que a UNESCO debata sobre a proposta e finalmente decida a súa inclusión neste selecto clube de monumentos e espazos naturais.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Patrimonio da Humanidade, Román Rodríguez

Claves

Protagonistas
Entidades