O Camiño Norte aspirará a ser Patrimonio da Humanidade

O Consello de Patrimonio Histórico elevará a proposta á UNESCO como ampliación do Camiño Francés

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello do Patrimonio Histórico Español aprobou elevar á UNESCO a candidatura dos Camiños de Santiago do Norte para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade en 2013. A proposta, que se presentará como unha ampliación do recoñecemento que xa posúe o Camiño Francés, inclúe tanto o Camiño Primitivo como o Camiño Costeiro daquelas rutas que pasan pola nosa comunidade. O dosier sobre a proposta está a ser preparado polas seis comunidades polas que transcorren as rutas desde 2006. O organismo estatal non tivo en conta ningunha outra candidatura con participación galega nas propostas para Patrimonio da Humanidade ou Patrimonio Inmaterial.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Camiño Francés, UNESCO, Primitivo

Claves

Protagonistas
Entidades